MORTE NO MAR
NAUFRAXIO

 

Falso mar da minha terra
Que dín que és tan fermoso
Ti és un tanto mentireiro …
Ti es malo e perigoso…

Como se fose verdade
Te vistes de azul verdoso
E engañas coa túa cor,
Pois es negro e malicioso…


De loito nos vas deixando
E a xente da minha terra
Chea de pena e door
¡Ay méus aires de Galicia!

Que penas tan grandes dades
Que hoxe nove mariñeiros
Marcharon moi cantareiros
E morreron sin pensar
Moi lonxe dos nosos lares

Solo un fillho se salvóu
E esta tremenda tragedia,
E si Dios non o remedia
Quedarán nove viuvas,
E moitos fillhos sin pái

¡Decidme!
¡decidme ondinhas brancas!
¡Decidme ¡
¿ Onde os agachades?

¡Por Dios ondinhas do mar!
Non deixedes que non volten
Sin poder ver a os seus fillhos
Que choran onde os seus mares

Hoxe é un día moi triste,
Que non quero éu esquencer…

Galicia os está agardando
E os mariñeiros chorando
Por ter a mar que volver
Sin encontrar a os amigos
¡Que eles veron morrer!
 


Carmiña

 

Recitado por : Carmen Patiño